Sunday 19 de May de 2024

Ampliación do mercado de Aguiño


O mercado de Aguiño, que se celebra tódolos luns de durante xullo e agosto, amplia a súa actividade ate a segunda semana de setembro.

En vista da afluencia dos postos de alimentación e textís, e co propósito de promover a dinamización social e comercial en tódalas parroquias ribeirenses, o mercado de Aguiño celebrarase dúas semanas máis na rúa Castelao sempre que o tempo o permita.

“Non só se trata de fomentar a venta local, se non tamén de crear un espazo onde os residentes poidan interactuar” explica Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais e Mercados Municipais.